ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chang y Eng son no século XXI Xoel López e Félix Arias, ou o que é o mesmo, Lovely Luna. Este dúo de músicos e amigos vén de editar o seu terceiro álbum que leva por nome o dos famosos siameses filipinos, e que serve para simbolizar a unión destes dous artistas nun todo. Un álbum autoeditado que soa máis acústico ca nunca e
Cancións con espírito folk. Unhas son contos, outras mesturan realidade e ficción e mesmo hai algunha críptica. A letra é pois a que predomina, mentres que a interpretación e a produción se manteñen en segundo plano. Un cancioneiro á antiga usanza nos ofrecen estes músicos galegos convertidos a poetas. Xoel López e Félix Arias foxen do vangardismo e introdúcense no purismo.
Lovely Luna presentaron oficialmente este novo traballo no Teatro Lara de Madrid. A xira por teatros de todo o Estado, incluída por suposto Galicia, non chegará ata a primavera de 2010, dado que Xoel se atopa facendo as Américas. Non obstante, xa teñen a banda preparada. Haberá baixo, teclado e batería e todo made in A Coruña.