ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo barcelonés Los Seis Días presenta este sábado na Sala Run Rum “Lunes”, o seu primeiro traballo discográfico, gravado baixo a batuta do productor Ricky Falkner nos estudos Blind Records de Barcelona durante o verán de 2008. O disco son once cancións de pop melodramático, de emocións poéticas e cotiás guiadas pola voz de Nereida Cerdà, envoltas de arranxos que rozan o épico. O grupo contou coa presenza
Tras unha serie de desafortunados incidentes un domingo calquera, Nereida Cerdà decidiu que a partir de entón as súas semanas terían soamente seis días. Borrou os domingos do seu calendario e aproveitou esos días sin nome para dar forma a un novo proxecto musical, Los Seis Días.
Cunha producción exquisita e un son inmaculado, Los Seis Días recuperan o legado de aqueles grupos pop de chicas onde se mestura a sensualidade das letras cun toque épico que nos lembra a Vetusta Morla, Los Piratas, The Organ ou incluso Amaral.
Aina Godoy na guitarra, Alba laguna nos teclados“, e Natalia González no baixo xunto coa voz de Cerdá compoñen a banda. Marc cros como segundo guitarra e Aimar Espinet á batería completan esta formación mixta perfectamente conxuntada.
En “ lunes” a través de guitarras afiadas, un teclado sinuoso e xoguetón e o sempre musculoso baixo, liberan vellas sensacións que se renovan nun compendio pop persoal e con gancho.
A canción “Te Odio” a súa carta de presentación, unha desgarradora réplica entre Nereida e Santi Blamés non deixa a ninguén indiferente.
Los seis días poden convertirse nunha das sorpresas musicais deste 2010 como punta de lanza desta nova xeración.
O concerto na Sala Run Rum o sábado ás once da noite. A entrada custa cinco euros.