ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os galegos que sofren anorexia ou bulimia teñen que agardar dous meses para recibiren un tratamento específico na sanidade pública. Na comunidade só existe unha unidade especializada en desordes alimentarios no Hospital de Conxo e esta non é quen absorber toda a demanda de prazas existente. A psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (Abagal), Inma Sanmiguel, denunciou en Radiofusiòn que estes doentes precisan unha atención inmedi
Abagal reclama a creación de, cando menos, unha unidade especializada en cada provincia. Na actualidade os departamentos de saúde mental dos hospitais galegos ocúpanse dun importante número de anoréxicos e bulímicos, pero desde a asociación defenden que estes enfermos deben ser tratados dun xeito integral, coa participación de endocrinólogos, psiquiatras e psicólogos. Inma Sanmiguel tamén alertou en Radiofusiòn de que estas enfermidades afectan cada vez en idades máis temperás, mentres que a unidade de Conxo só trata a maiores de 16 anos.
Máis aló do eido estritamente sanitario, a Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia solicita un “gran pacto social” para loitar conxuntamente contra os trastornos alimentarios desde todas as consellerías e os diferentes axentes sociais. A este respecto lembran que a Organización Mundial da Saúde cifrou nun 1% a porcentaxe de poboación afectada pola anorexia e nun 3% a que padece bulimia.