ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os equipos da Escudería Scratch Fene xa teñen todo listo para a súa participación no segundo rali da tempada 2010. Esta segunda proba terá lugar en Lalín (Pontevedra) e puntúa con coeficiente máximo (8) para o campionato galego da modalidade. Máis de 100 equipos inscritos, volverán a encher de espectáculo as estradas da comarca do Deza.
Por parte da Escudería fenesa, serán dous os equipos participantes:
Co número 25 no seu Peugeot 206 XS estará Rubén García “Nayen” e José Viéitez que continuarán o seu traballo de aclimatación a súa nova máquina dentro da Copa Racc 2010. Na primeira proba, este equipo obtiña a 6ª praza dentro do trofeo promocional entre os 15 equipos participantes, dando mostras de que será un dos equipos a ter en conta para a clasificación a final de tempada. Rubén comentaba, despois do Rali comarca da Ulloa: “o coche vai moi ben e aínda que é moi xoguetón do eixo traseiro corríxese fácil pasando rápido polas curvas. Noto que o potencial do coche aínda é moito máis do que estamos a dar nós agora e có paso dos ralis notarase moito a nosa evolución. En Lalín optaremos a un posto entre os 5 primeiro da copa”.
Co número 47 partirán os feneses Édgar Vigo e Fátima Ameneiro no seu veterano Honda Civic VTI que dentro do Trofeo promocional Kumho Tyres segue a demostrar a súa gran competitividade. Na proba inaugural do campionato, os feneses obtiveron o 3º posto dentro do Trofeo, lugar que puido ser máis alto de non ser por un trompo a tres tramos do final. De cara a esta proba Edgar é moi optimista. En palabras de Vigo “o Rali de Lalín non é dos preferidos para o noso equipo, xa que salvo o ano pasado no que obtivemos o segundo posto, no resto de participacións sempre tivemos problemas. Este ano estamos convencidos de que seremos capaces de mellorar incluso o segundo posto do ano pasado. Os tramos están moi compricados pero iso beneficianos fronte a coches máis potentes. Loitaremos arreo polo primeiro posto”.
O Scracht Fene desprazará á proba o seu equipo de Asistencia que estará disposto para traballar e solventar tódolos problemas que xurdan.