ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A situación non é fácil pero o directivo e xogador Ibán Mourente é optimista e pensa que gañando o vindeiro domingo no Ramo ante o Numancia de Ares está prácticamente lograda a salvación. O empate do Cebarca beneficiounos indirectamente, afirmou Ibán Mourente en Radio Fene. O Barallobre recibe ao Numancia e necesita a vítoria para continuar a seis puntos, mínimo do Cebarca.
Quedan tres partidos da Liga da Segunda Autonómica de fútbol, o primeiro na casa ante o Numancia, e logo ante o Ortigueira en San Claudio para pechar a liga co San Sadurniño. As posibilidades de salvación dos verdinegros son grandes. O Barallobre ten 29 puntos e ocupa a terceira posición pola cola. Neste momento estaría en postos de promoción para o descenso.