ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Axentes sociais, sindicatos e Corporacións locais demandarán á nova Xunta de Galicia presidida por Alberto Núñez Feijoo o cumprimento das promesas efectuadas ao longo da campaña electoral do Partido Popular. Asimesmo reclamarán medidas concretas que axuden a paliar á crise económica. No ronsel de peticións aos novos gobernantes figura tamén a criación dun Hospital da Costa.
3 residencias de anciáns, centros de dia, corredor costeiro entre San Cibrao e Barreiros ou a doble tripulación para o helicóptero Pesca 2 con base en Celeiro son algunhas das ofertas que formulou en campaña electoral o PP. Diferentes entidades da comarca lembraránlle eses compromisos á Xunta de Galicia que nomee Núñez Feijoo despois da súa elección como presidente, prevista para o vindeiro 1 de abril.