ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A actividade celébrase por terceiro ano consecutivo co apoio da Área de Cultura da Deputación. Comezou o pasado luns 12 e durará ata o próximo venres 30 de xullo. O gran éxito da iniciativa déixase notar na demanda, ó cubrirse na totalidade as prazas ofertadas en tan só uns días.
O campamento vai dirixido a nenos de entre 3 a 12 anos. O III Campamento Urbano que organiza Eme de Meira contempla un programa moi variado de actividades para os máis pequenos. A través de iniciativas lúdicas os nenos van poder valorar aspectos do medio ambiente, das relacións interculturais e de compañeirismo e solidariedade, entre outros.
O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, amosouse satisfeito coa organización deste tipo de iniciativas en Meira, que permiten “conciliar a vida laboral e familiar”, proporcionando unha alternativa lúdica para que os cativos disfruten do vrao dunha forma diferente.