O BNG pide información á Consellería de Sanidade sobre o sistema PFI

O BNG pide información á Consellería de Sanidade sobre o sistema PFI

09 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os nacionalistas rexistraran unha batería de iniciativas demandando explicacións sobre cada un dos centros de saúde para saber como sería en detalle esta fórmula PFI na atención primaria: que servizos se concesionarían, cal seria o canon que pagaría a Xunta pola construción destas infraestruturas, e cantos anos tardarían eses centros en reverter de novo a titularidade pública.

No BNG non teñen noticia de que se deran os pasos necesarios para que se poidan investir os 47 millóns de euros que prevían os orzamentos da Xunta de 2010 e, ademais, teñen constancia de que os concellos afectados están recibindo cartas da Conselleira demandando unha conformidade explícita dos mesmos para poder dar continuidade ao proxecto, explicando o novo sistema de financiamento, pero sen concretar que suporá para cada centro.

Por todo isto, o BNG considera necesario volver a rexistrar unha nova demanda de información á Consellería de Sanidade. Queren saber se a Xunta está en condicións de cumprir a súa previsión en millóns de euros e en centros de saúde, que impacto vai a ter esta licitación sobre o capítulo 2 da Consellería e cal será o sobreprezo que terán que asumir as arcas públicas pola construción de centros de saúde con este sistema PFI.

Ana Luísa Bouza, portavoz de Sanidade do grupo parlamentario do BNG indicou que o sistema PFI supón un sobreprezo da construción que non é asumible pola Xunta e demanda á Consellería máis información.

Sociedade