A Xunta apoiará as actividades de FAGAL

A Xunta apoiará as actividades de FAGAL

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Mellorar a calidade de vida dos enfermos de alzheimer, así como a das súas familias e coidadores. Esta é a meta do convenio de colaboración que a Consellería de Traballo e Benestar ven de asinar con FAGAL, a Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias. Actividades de información e asesoramento; elaboración de manuais de atención e boas prácticas e guías de recursos e servizos; centralizaci&o

No acto que tivo lugar esta mañá en San Caetano, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, fixo referencia á conmemoración, mañá, do Día Mundial do Alzheimer, unha enfermidade que na actualidade teñen diagnosticada 50.000 persoas na nosa comunidade. Mato indicou que a Xunta apostará pola creación de 180 novas prazas de centros de atención especializada, polo impulso e a participación dos familiares nas actividade que desenvolven os centros, e pola promoción da formación para garantir unha atención de calidade, elaborando un módulo específico formativo para as persoas coidadoras non profesionais.

A conselleira mostrou o compromiso da Consellería coa investigación e a vangarda, aposta na que se inscribe un proxecto de referencia nacional sobre o alzheimer, no que participa tamén a Fundación Raíña Sofía, e que xa se está levando a cabo.

Sociedade