Curso de atención sociosanitaria a enfermos de Alzhéimer en Boiro

Curso de atención sociosanitaria a enfermos de Alzhéimer en Boiro

08 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro vai organizar un curso de Atención sociosanitaria a enfermos de Alzhéimer. Diríxese aos profesionais que traballan, ou teñen pensado traballar, en programas relacionados coa xerontoloxía. O obxectivo principal do curso é o de ensinar aos participantes a aplicación das técnicas e os coidados auxiliares de enfermería segundo as necesidades biolóxicas, psicolóxicas e sociais que

O curso consta de tres módulos: atención xeriátrica, hixiene alimentaria e atención a enfermos de alzhéimer. Terá unha duración de 200 horas, teóricas e prácticas. As persoas interesadas en participar deberanse anotar no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro, achegando a seguinte documentación: fotocopia do DNI, certificado de vida laboral e a tarxeta do paro, no caso de desempregados. O número de prazas é limitado.  

Sociedade