A Carreira Popular de Negreira quence motores

A Carreira Popular de Negreira quence motores

13 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A XXXI edición da Carreira Popular de Negreira, preséntase este venres 15 de outubro. Unha cita deportiva moi arraigada na vila nicrariense e que este ano se adianta unha semana por mor da cercanía da Carreira de San Martiño de Ourense. A proba deportiva, con máis sona en Negreira, celebrarase así o domingo 7 de novembro.

A carreira terá como punto de saída e meta a rúa Castelao, a diferenza dos pasados anos que partía da casa do concello e remataba diante da zona onde se ubican os centros educativos de Negreira. Outra das novidades desta edición é a colocación dun chip en cada corredor. Segundo explicou Emilio Forján de Radio Negreira, por medio deste dispositivo facilitarase a actividade dos organizadores xa que aportará datos máis fiables dos tempos e demais incidencias que se produzan no desenvolvemento da proba.

Os atletas terán unhas semanas de vertixe xa que entre a carreira de Negreira celebrarase con anterioridade a Carreira Popular Camiño de Santiago, o 31 de outubro,  e posteriormente,  a de San Martiño en Ourense.

Deportes