ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Banco de Tempo do Concello de Ferrol oferta novas propostas aos seus socios e socias, así como ás persoas que se queiran sumar a este sistema de intercambio de actividades, experiencias e coñecementos. As novas actividades que se incorporan á oferta actual de preto de 200 son aprender a calcetar calcetíns con catro agullas, clases de italiano e inglés, guitarra, deseño gráfico, Tai-Chi, ioga, cociña caseira, elaboración de marmelada sen
A concelleira de Benestar Social, María López convidou aos cidadáns e cidadás a facerse socio deste Banco de Tempo e participar nas preto de 200 actividades, estruturadas en oito apartados: Realización de tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías, Axuda coas tarefas escolares, Realización de tarefas domésticas ou as relacionadas coa suministración doméstica ou reparacións domésticas, Axuda para a realización de xestións de índole administrativa, Acompañamento en actividades relacionadas co tempo de lecer, Labores de coidado, Labores de compaña e Outras.
Os interesados deberán contactar coa Casa Solidaria, ubicada na rúa Velázquez esquina coa avenida de Vigo, os luns, mércores e venres en horario de 11.30 a 14.00 -é recomendable pedir cita previa-. Tamén é posible pórse en contacto cos responsables da iniciativa a través do número de teléfono 981 944 288 ou da dirección de correo electrónico bancodetempo@ferrol.es. Tras achegar a súa solicitude, terán que realizar unha entrevista co persoal técnico encargado de xestionar a Secretaría do Banco coa finalidade de coñecer as cousas que quere ofrecer e recibir e en que horario. En ningún momento media intercambio económico algún e tampouco o feito de facerse socio ou socia custa cartos, só implica o compromiso de dar e recibir sendo a moeda de intercambio o tempo que se adica nestes.