ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A asociación ADRA, en colaboración co Concello de Ferrol, organiza o vindeiro 3 de abril un concerto solidario no Teatro Jofre, coa finalidade de recaudar fondos para poder cubrir as necesidades básicas de familias con escasos recursos ás que presta asistencia a entidade. A súa coordenadora, Ángela Sixto, participou esta mañá no acto de presentación deste concerto, que se celebrará a partir das 19.00 hora
No festival participarán, de xeito totalmente desinteresado, cinco destacadas agrupacións artísticas da comarca: Los Zares, Brillance (formación de saxo e piano), o grupo musical Asoaxe, Trasnochadores del Eume e Elas Dois, con Beatriz Rivas. O prezo das entradas é de 10 euros. Ademais existe unha fila cero para as persoas que non poidan asistir ao festival e desexen colaborar fagan as súas aportacións. Estas están abertas nas entidades Novacaixagalicia e La Caixa.
Actualmente son 70 as familias de Ferrol e comarca que de xeito regular reciben axuda da asociación ADRA en forma de cesta da compra con aqueles artículos e alimentos de primeira necesidade. Ademais a asociación celebra diferentes cursos de integración social destinados a inmigrantes.
O reparto de mochilas ao inicio de cada curso escolar, así como de roupa e electrodomésticos ou a participación no programa interxeracional “Avó, cántame e cóntame que me encanta” a través da iniciativa “Un conto con moita marcha” que se desenvolve mensualmente no hospital Arquitecto Marcide son outras das iniciativas que desenvolve a entidade. A estas súmanse tamén as campañas de Nadal e Reis, co reparto de alimentos típicos destas datas e de xoguetes e libros.
Fundada no ano 1995, ADRA conta na actualidade con preto de 30 voluntarios (oito deles colaboran de xeito permanente coa asociación) e colabora co Banco de Alimentos no reparto dos excedentes que a Unión Europea fai chegar a esta central, sita na Coruña.