Aprender da visita a Ordes

Aprender da visita a Ordes
21 de Marzo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A liga está moi igualada e calquera pode gañar a calquera, indica o adestrador do Val Xaqui Rico. O equipo valexo encabeza a clasificación da Primeira Galicia de fútbol e lévalle oito puntos ao segundo clasificado, o Meicende. “Temos que aprender da visita a Ordes o pasado domingo, porque non se poden hipotecar dous ou tres partidos por protestar decisións arbitrais, aínda que che parezan inxustas”.

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Val fala do último tramo da Liga e do partido en Ordes:

http://173.255.131.18/audio/200324RICO.mp3

Fotografia Xan Xe

O Val recibirá ao Perlío este domingo ás doce da mañá no campo de Sinde. O partido do pasado domingo, cos cinco expulsados, fíxolles moito dano, para o míster Xaquí Rico. O conxunto dos Pinares chega coas estatísticas de ser o mellor da categoría nos últimos catro partidos, con catro vitorias e doce puntos. Quedan oito xornadas para o remate da Liga, vintecatro puntos en xogo.

 

Imaxe do partido Perlío - Ordes

Fotografía Xan Xe

Seguro que che interesa
Deportes

Comentarios

Hola: Contactamos desde el despacho especializado en optimización fiscal y contabilidad. El cambio de normativas y el desconocimiento en el área fiscal son los dos principales riesgos que enfrentan las empresas españolas actualmente. En los últimos 15 años, hemos colaborado con empresas como la tuya ofreciendo un asesoramiento experto contable y fiscal a medida. Por ello, nos gustaría proponerte un estudio de tu situación con uno de nuestros especialistas. Durante esta semana, no tendría ningún coste para ti el análisis. ¿Podrías facilitarme un número de teléfono?
Nome: 
Daniela

Publica o teu comentario agora