Crónicas de Centieiras

Crónicas de Centieiras
26 de Xaneiro, 2023 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

A vida e o mundo visto polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Centieiras. Un ano máis farán balanzo en Radio Fene 

Nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e de 5º de Primaria falarán dos seus traballos pola radio, como auténticos profesionais,, baixo a dirección das súas mestras.  Estiveron no estudio de Radio Fene onde gravaron as Crónicas de Centieiras, nas que falan das súas inquedanzas, das actividades que realizan no colexio, das celebración e novas interesantes da escola, e mesmo das súas recomendacións musicais. Un espazo radiofónico que Radio Fene emitirá este venres, ás nove e media.

Sociedade

Comentarios

Gustaríame saber se podemos acceder á gravación e poder escoitar ás nosas pequeñas. Graciñas
Nome: 
Celia López

Publica o teu comentario agora