Fernando Esquío, segrel de Xuvia

Fernando Esquío, segrel de Xuvia
26 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fernando Esquío viviu a mediados do século XIII. Segrel, coetáneo de Afonso X o Sabio, procedía da zona de Xuvia. Familiares del están enterrados na igrexa de San Nicolás de Neda e documentase a presencia familiar no mosteiro do Couto.

Hai máis datos indirectos da vida e da obra do segrel de Xuvia. Roi Pais da Revela, Pero Garcia Burgalés e Pero de Ambroa atacan os comportamentos de Fernando Escaio, pero o estudoso das cantigas medievais, Alexandre Ripoll, estima que se trata do mesmo autor, denominado noutros cancioneiros como Fernando Esquío ou como Fernando Lago. Carvalho Calero sinala a posibilidade do lago de Valdoviño, como a lagoa que se cita nas composicións.  9 poemas conservamos de Fernando Esquío por 1 de Fernando Lago, aínda que moitos estudosos afirman que se trata da mesma persoa. "Sospeito que chegou a crear máis composicións", afirma Ripoll, quen cualifica de singulares as composicións do autor de Xuvia.



El sofre por un amor non correspondido e por iso pregúntase Que me queres, amor?.



Nas cantigas de amigo, aparece unha moza namorada, dirixíndose á súa irmá, e pídelle que a acompañe ata o lago, onde está cazando o seu amigo. "Non é a cacería de aves, senón a caza amorosa" indica o investigador que cualifica de "poemas delicadísimos" as composicións de Esquío.





A sátira sexual é outra das temáticas preferidas do segrel de Xuvia. Fala da potencia sexual dun frade "escarallado ou encarallado", satiriza á abadesa  do convento polo seu apetito sexual desmedido e "anúncialle o envío de catro carallos franceses".



"Indo as aves, meu amigo"



As cantigas medievais galegas teñen unha gran interrelación coa literatura provenzal e árabe.

Seguro que che interesa
Sociedade