ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Perla mural fest. Os grandes murais urbanos chegan a Perlío. Na Rua Travesa, detrás da Praza Verde e na Rúa da Fraga, muralistas de recoñecido prestixio trasladarán ás paredes as súas creacións artísticas arredor do mundo da música. Queren homenaxear á sala Perla de Perlío. Organiza o Concello de Fene. O muralista Sfhir comezará a preparar a parede da rúa da Fraga, 64 este sábado.
A vindeira semana sumaranse Virginia Bersabé e Rubén Paz “Trece trazos”. Pintarán na rúa Santa Olalla,11 e na rúa Travesa,12. O evento inclúe un festival musical o sábado 12 no campo da festa de Perlío con Los Juncos e Sintrom. A organización ten vocación de continuidade e xa teñen as autorizacións para pintar as fachadas de 18 edificios.
Derrubando muros en Carballo, Desordes creativas en Ordes, As Meninas de Canido en Ferrol, En-pezas en As Pontes, Culturban en Lugo, Mar e ferro en San Valentín, Cromático mural fest en Cambre. Vigo, cidade de cor, Delasfest na comarca de Santiago, As Estrellas do Camiño ou as superaboas galegas. A estas experiencias de museos ao aire libre, sumarase agora o Perla mural fest en Perlío Fene.
Comentarios
Unha boa oportunidade para o
Non nos esquecemos. Estase a
Boa iniciativa, si ben para
Publica o teu comentario agora