Na casa das líderes

Na casa das líderes
08 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Competía coas primeiras e non puido sacar rédito da súa viaxe á Coruña o Perlío. Orzán 4-0 Perlío. “As rapazas fixeron un esforzo, pero o equipo rival foi mellor”, recoñece o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky, vítima dunha arbitraxe inxusta. Sacáronlle dúas tarxetas, pero iso non afectou ao resultado do partido. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Sabíamos que era un partido complicado e chegamos moi xustiñas de xente outra vez, con xogadoras tocadas e algunha que non adestrou”. Analizamos o partido co técnico do Perlío, “O Orzán é un equipo de rapazas novas que xoga moi ben, iso fisicamente esíxenos moito e nós chegabamos xustiñas outra vez, con un só cambio, fixemos un bo traballo, as rapazas fixeron un esforzo”, explica. “O equipo rival foi mellor durante todo o partido, recoñecerlles a vitoria e a adestrar que isto non para”, indica o técnico que recibiu dúas tarxetas nos últimos minutos do partido fito das “arbitraxes que nos toca sufrir na Coruña. A falta de cinco minutos, perdendo 4-0, nin se me ocorre protestar. Non influíu no marcador, pero quéixome do trato, a nós sácannos tarxeta por calquera cousa”.

 

Na imaxe, Sofía, unha das xogadoras do Perlío

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Comentarios

Gran verdade o das tarxetas. Pequenas protestas ou explicacions q se piden o árbitro e sempre tiran do peto a tarxeta. Non houbo malos modos nin o xogo foi brusco. Queda tirar para día te nestes casos.
Nome: 
Fer

Publica o teu comentario agora