Os desprezos do emigrante

Os desprezos do emigrante
12 de Abril, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os científicos sociais temos a obriga de incorporar ao emigrante á nosa forma de explicar e de ver Galicia. Foron máis de dous millóns de persoas nos últimos cen anos. O emigrante está cheo de recibir desprezos. Non hai que poñelos nun pedestal porque entre eles houbo persoas de toda clase e condición. Pero ao facer historia débese recoñecer a dignidade do emigrante, segundo o catedrático da Universidade de Santiago Ramón Villares.

Ramón Villares, autor de Galicia, una nación entre dos mundos

Para emigrar hai que ter dous factores importantes: algún recurso ou capacidade para telo, e información sobre o punto de destino. As zonas suburbanas, das próximas ás cidades son as que máis establecen cadeas de información que facilitan a viaxe.

 

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora