Primeiros contactos

Primeiros contactos
03 de Xuño, 2019 - 09:41 h. | Publicada por Radio Fene

BNG e PSOE de Fene inician mañá martes as conversas diante da sesión de constitución da Corporación local. Ao longo do dia de hoxe telefonicamente manterán un contacto para fixar o lugar e a hora da reunión, segundo declarou a Radio Fene a cabeza de lista do PSOE Mar Piñeiro.

Mar Piñeiro e Antón Noceda

Os socialistas mantiveron na mañá de onte domingo unha concurrida asemblea local. Formularonse moitas intervencións e os dirixentes socialistas tomaron nota de todas as opinións. “Estamos abertos ao diálogo e imos escoitar o plantexamento do BNG” manifestou Mar Piñeiro quen declinou expresar a súa preferencia por un pacto de goberno ou por un acordo que se circunscriba á elección de alcalde. Nas eleccións municipais do pasado 26 de maio, o PP obtivo 6 concelleiros igual que o BNG. O PSOE logrou 4 ediles e 1 Esquerda Unida.

Institucional

Comentarios

En estos casos, es cuando se demuestra quien depende de un partido por detrás que te impide hacer lo que relamente quieres y que todos sabemos. Pues venga, a apoyar a vuestro amigo Juventino, íntimo sí, como nos consta a los que lo sabemos.
Nome: 
Juan

Publica o teu comentario agora