Respeto, prestixio e valoración

Respeto, prestixio e valoración
17 de Outubro, 2018 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

A música tradicional gañou en respeto, prestixio e valoración.  Así opina o directivo de Berros do Castro Ramón Dopico, salientando o recoñecemento internacional de músicos como Dani Bellón ou Xabier Díaz. A Xornada de Cultura Popular Galega de San Sadurniño homenaxeará este sábado ao cuarteto de gaitas Raparigos, que levan cincuenta anos no mundo da música. Comezaron en 1968 nas festas da Ascensión de Santiago e no San Froilán de Lugo.

ESCOITA O PODCAST:
Ramón Dopico, de Berros do Castro

Na cidade das murallas gañaron o concurso de gaiteiros organizado naquela ocasión. “Raparigos representa a conexión entre os gaiteiros tradicionais como Constantino Bellón e a xente nova que se achegaba ao mundo da gaita” suliña Ramón Dopico que tamén forma parte na actualidade do cuarteto, con Xan Rodriguez Silvar, Xavier Fariñas e Rafael Victoria.
Na Xornada do sábado ademais da exposición, haberá un obradoiro de gaita galega impartido por Xaquín Xesteira, de Treixadura. O día finalizará cun concerto aberto ao público ás oito da tarde na Casa da Cultura de San Sadurniño. Actuarán Xaquín Xesteira cos seus alumnos, os Faíscas de Solobeira de Cambados e a agrupación de canto e baile Donaire da Coruña.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora