Un artista trasatlántico

Un artista trasatlántico
14 de Novembro, 2018 - 08:40 h. | Publicada por Radio Fene

A obra de Ito Mosquera xa navega polo Océano Atlántico. Desde este venres, a súa criación decorará un local de hostelería en Arrecife, na illa de Lanzarote. Mosquera participou tamén na xornada Mar e ferro, realizada en San Valentín en marzo de 2014. Daquela realizara un mural no que se representa ao seu pai, xa falecido.

Mar e ferro. San Valentín. Marzo de 2014

O artista de Fene Ito Mosquera simula o firmamento na cúpula dun novo local que abrirá en Lanzarote. A discoteca O2 abrirá este venres en Arrecife, nas illas Canarias. A discoteca ten uns cento cincuenta metros cadrados e Mosquera decora o exterior e o interior. Por fora pinta un ceo de día con nubes. No interior unha cúpula con nebulosas e estrelas. Ito Mosquera tamén decorou o local La Chirigota ubicado no centro de Barcelona, no cruce da rúa Mallorca co paseo de Gracia.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora